Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28544

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4486/2008).

Procedemento ordinario 4486/2008-E

Recorrente: Promociones Rodovaz, S.L., Playa de Teis, S.L.

Letrado: Manuel Ángel Córdoba Aldao

Procuradora: Elena Miranda Osset

Administración demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

Letrado: Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Vigo

Letrado: Servizos Xurídicos Concello de Vigo

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4486/2008 acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo en data 29 de outubro de 2015, así como a parte dispositiva do auto de data 15 de decembro de 2015.

Sentencia “Decidimos” 1º Procede o recurso de casación número 1758/2014, interposto polas mercantís Promociones Rodovaz, S.L. e Playa de Teis, S.L. contra a Sentenza 162/2014, ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data vinte de febreiro de dous mil catorce, e queda agora anulada e sen efecto a referida sentenza. 2º Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Promociones Rodovaz, S.L. e Playa de Teis, S.L. contra a Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, do 16 de maio de 2008, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo (Pontevedra), que anulamos. 3º Non facemos condena nas custas de instancia nin nas de casación. 4º Publíquese a decisión desta sentenza no Diario Oficial de Galicia para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo. Así, por esta a nosa sentenza, que deberá inserirse na colección lexislativa do Consello Xeral do Poder Xudicial, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Auto. A sala acorda: rectificar o erro material contido no encabezamento da sentenza, e faise constar como data desta o 11 de novembro de 2015. Mandouno a sala e asinan os maxistrados ao inicio designados.

A Coruña, 9 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza