Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xuño de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de xuño de 2016 relativa ao deslindamento entre as comunidades de montes veciñais en man común de Portela e Trigal e Casoio, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes dos MVMC «Portela e Trigal» e «Casoio», no concello de Carballeda de Valdeorras, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 2 de marzo de 2015, José Antonio Valle Vidal presentou no Rexistro da Oficina Comarcal do Barco de Valdeorras un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no cal solicita a aprobación do deslindamento levado a cabo entre as CMVMC de «Portela e Trigal» e «Casoio», no Concello de Carballeda de Valdeorras.

Segundo. O día 4 de marzo de 2016, José Antonio Valle Vidal achegou a seguinte documentación complementaria para a aprobación do acordo de deslindamento: acta de deslindamento, acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Carballeda de Valdeorras e unha táboa de coordenadas UTM dos 17 vértices.

Terceiro. Con data do 4 de abril de 2016, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense informou que a documentación achegada cumpre as exixencias previstas no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que o deslindamento realizado establece o límite entre ambos os dous montes de xeito claro e inequívoco.

A liña poligonal que determina o deslindamento está formada polos seguintes puntos:

Punto

European Datum 1950 UTM-Fuso 29

Coordenada X

Coordenada Y

1

678.697,71

4.692.523,00

2

678.711,96

4.692.676,18

3

678.813,55

4.692.954,57

4

678.767,74

4.693.194,48

5

678.821,38

4.693.335,71

6

678.513,27

4.693.239,42

7

678.378,11

4.693.341,44

8

678.234,58

4.693.389,38

9

678.177,28

4.693.449,25

10

678.256,33

4.693.638,17

11

677.794,39

4.693.975,75

12

677.470,63

4.694.133,02

13

677.372,59

4.694.234,07

14

677.165,58

4.694.527,23

15

676.843,08

4.694.768,58

16

676.697,90

4.694.820,95

17

676.036,93

4.694.974,30

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se deberá seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial en Man Común, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes de data 4 de abril de 2016, acordou por unanimidade o día 26 de abril de 2016:

Aprobar o acto de conciliación acadado entre as CMVMC de «Portela e Trigal» e «Casoio», no concello de Carballeda de Valdeorras, de acordo co exposto no feito terceiro.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Ourense, 13 de xuño de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense