Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 13 de xuño 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto, a favor dos veciños de Reparade, no concello de Muíños (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data 26 de abril de 2016, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado «Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto», a favor dos veciños de Reparade, no concello de Muíños (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data 2 de febreiro de 2015, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Reparade, no que solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas «Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto».

Segundo. Con data 4 de novembro de 2015, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e ábrese un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: «Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto».

Superficie: 12,79 ha.

Pertenza: Reparade.

Concello: Muíños.

A superficie da ampliación da clasificación proposta localízase nas parcelas catastrais seguintes:

Datos catastrais

Superficie para clasificar (ha)

Polígono

Parcela

Superficie catastral (m2)

54

440

664

0,07

235

11.863

1,19

236

18.471

1,85

382

309

0,03

234

25.590

Só unha parte

379

133.430

Só unha parte

237

414.637

Só unha parte

9005

Camiño

Só unha parte

Superficie total para clasificar

12,79 ha

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte (propietarios enumerados de oeste a leste mediante datos catastrais)

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Muíños

54

234 (resto da parcela)

Veciños de Reparade

9005

Camiño

Leste (propietarios enumerados de norte a sur mediante datos catastrais)

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Muíños

54

379 (resto da parcela)

Veciños de Reparade

9005

Camiño

237 (resto da parcela)

Veciños de Reparade

Sur

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Muíños

54

237 (resto da parcela)

Veciños de Reparade

Oeste

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Muíños

54

237 (resto da parcela)

Veciños de Reparade

b) Perímetro interior (enclavados).

Non existen enclavados

Os terreos afectados pola ampliación da clasificación son os delimitados pola poligonal pechada definida polos vértices 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8b, 9b, 10b, 11b e 12b, tal como se indica na solicitude. Considérase revisión de esbozo o axuste do lindeiro a devasa que serve de límite do convenio delimitado pola poligonal definida polos vertices 7 (situado no extremo dos terreos obxecto da solicitude de ampliación da clasificación), 8 e 9. A partir deste último punto o lindeiro do monte veciñal en man común «Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto» continuará seguindo a devasa existente, de acordo coa acta de conciliación de data 4.11.2002 subscrita con acordo, no Xulgado de Paz de Muíños, relativa aos lindeiros entre os montes veciñais en man común «Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto» e «Uzal de Traves», pertencente a Piñoi, ambos os dous no concello de Muíños, que foi tomada en consideración na sesión do Xurado Provincial de Clasificación de MMVVMC de Ourense do 30.9.2003.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita Lei «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade, a favor do grupo social que o veña gozando, ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado «Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela, e Chao de Couto», a favor dos veciños de Reparade, no concello de Muíños (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 13 de xuño de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense