Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28549

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (146/2015).

Eu, Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 (Mercantil) de Ourense, fago saber que no incidente concursal 1-96 146/15-01 iniciado por instancia da concursada, Productos Bituminosos de Galicia, S.A., representado pola procuradora Elisa Rodríguez fronte á Administración concursal da concursada, se ditou sentenza en data 19.2.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda incidental interposta pola procuradora dos tribunais Elisa Rodríguez González, en nome de Productos Bituminosos de Galicia, S.A. contra a A.C da entidade en concurso sobre impugnación da lista de acredores, e deberá ser modificada a cualificación dos créditos que posúe do seguinte modo:

– Excluír os créditos do acredor número 63 Cid Pascual, Benito Manuel, por importe de 9.940 euros.

– Excluír os créditos do acredor número 391 a mercantil Acibeiro, S.L.U., por importe de 34.853,91 euros.

– Incluír un crédito a favor da entidade Horminorsa, S.L. por importe de 40.366 euros, que deben ser cualificados como crédito ordinario.

– Modifícase o inventario de bens e dereitos, no seguinte sentido.

• Inclúese o dereito de cobramento sobre a mercantil Acibeiro, S.L.U. por importe de 25.954,05 euros.

• Exclúese o dereito de cobramento sobre a mercantil Horminorsa, S.L. por importe de 17.000 euros, e iso coa cualificación de subordinado.

Sen imposición das custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non cabe recurso ningún, sen prexuízo de reproducir a cuestión na apelación máis próxima sempre que tivesen formulado protesta no prazo de cinco días (artigo 197.3 LAC)».

E como consecuencia do ignorado paradoiro das mercantís Acibeiro, S.L.U. e Horminorsa, S.L., expídese o presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 24 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza