Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 5 de xullo de 2016 Páx. 28551

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (560/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxos antecedentes de feito e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza 12/2016

Xuíza que a dita: María del Carmen Bóveda Soto

Lugar: Cambados

Data: vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis

Antecedentes de feito.

Único. A parte demandante formulou demanda en que reclamaba a resolución dun contrato de compravenda subscrito polas partes.

A parte demandada permaneceu en rebeldía. Convocadas ambas as dúas partes a unha vista de xuízo ordinario na cal declararon como testemuñas José Manuel Abal Martínez e María del Rosario Abal Martínez, máis a proba documental unida aos autos, quedando os autos vistos para sentenza,

Decisión.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada pola representación procesual de Juan Alberto Abal Martínez contra Obras y Viales Salnés, S.L. e, en consecuencia,

1º. Declaro a resolución do contrato de compravenda subscrito entre o demandante e a entidade demandada en data 20.2.2006 respecto do ben inmoble a que se fai referencia na demanda.

2º. Condénase a demandada Obras y Viales Salnés, Ovisa a aboarlle ao demandante a cantidade de 180.000 euros máis os xuros legais que correspondan desde a data do contrato.

3º. Condénase a demandada ao aboamento das custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Obras y Viales Salnés, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Cambados, 5 de febreiro de 2016

O letrado da Administracion de xustiza