Peza de medida cautelares (PMC) 215/2016-1
Procedemento de orixe: procedemento ordinario 215/2016
Sobre: ordinario
Demandante: Eva Gómez Carracedo
Avogada: Alicia Muíño Pose
Demandados: Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago, Asociación Gallega de Profesionales y Técnicos del Sector Servicios, Fogasa
Avogada: Gloria Zuñiga Rial, Fogasa
Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:
Que no procedemento peza de medidas preventivas 2/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Gómez Carracedo contra a Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago, Asociación Gallega de Profesionales y Técnicos del Sector Servicios, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditouse auto cuxa parte dispositiva di así:
Parte dispositiva
Desestímase a medida preventiva interesada por Eva Gómez Carracedo fronte á Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela e a Asociación Gallega de Profesionales y Técnicos del Sector Servicios.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días.
Así o acorda, manda e asina Mª Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.
E para que lle sirva de notificación en legal forma á Asociación Gallega de Profesionales y Técnicos del Sector Servicios, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2016
A letrada da Administración de xustiza