Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (99/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 99/2016 deste Xulgado do Social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Servinoia, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil dezaseis

Antecedentes de feito

Único. A Fundación Laboral de la Construcción presentou escrito en que solicitaba a execución da sentenza 82/2016, de data 11.4.2016, ditada no procedemento ordinario 1057/2012, fronte a Servinoia, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola cal se despacha execución é de 466,15 euros en concepto de principal (266,15 euros de achega empresarial á Fundación Laboral de la Construcción e 200 euros en concepto de honorarios do letrado) e de 46,61 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, o 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tivese incumprido a obriga de manifestar bens ou se tivesen ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tivesen instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 82/2016, de data 11 de abril de 2016, ditada no procedemento ordinario 1057/12, a favor da parte executante, a Fundación Laboral de la Construcción, fronte a Servinoia, S.L., Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 466,15 euros en concepto de principal (266,15 euros de achega empresarial á Fundación Laboral de la Construcción e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 46,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1, aberta no Banco Santander, S.A., conta 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social- reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a letrado da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de Xustiza: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil dezaseis

Antecedentes de feito

Primeiro. A Fundación Laboral de la Construcción presentou demanda de execución de sentenza número 82/2016 con data do 11 de abril de 2016, ditada no procedemento ordinario 1057/2012, fronte a Servinoia, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Con data do 8 de xuño de 2016 este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 466,15 euros en concepto de principal (266,15 euros de achega empresarial á Fundación Laboral de la Construcción e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 46,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Servinoia, S.L., realizada por decreto de data 19 de abril de 2013, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 221/2011, cuxa copia testemuñada se une aos presentes autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non posúa ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, e é procedente, por imperativo do múmero 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto e sinalar as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Deberá darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, de ser o caso. Por el, e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Servinoia, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Fundación Laboral de la Construcción e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Servinoia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza