Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28335

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (992/2015).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de familia, garda, custodia e alimentos número 992/2015, seguido por instancia de Ángela Rosa Arana Ospina contra Eduardo Saúl Ruiz Hurtado, ditouse sentenza cuxos encabezamento e resolución literal son os seguintes:

«Sentenza 676/2016

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego

Ourense, 26 de maio de 2016

Vistos estes autos 992/2015 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Vázquez Blanco, en nome e representación de Ángela Rosa Arana Ospina, dirixida polo letrado Sr. Tabarés contra Eduardo Saúl Ruiz Hurtado, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia da menor Diana Ruiz Arana, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia da menor á nai, Ángela Rosa.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai, Ángela Rosa.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. Suspéndese a obriga de aboar pensión de alimentos.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

Ao encontrarse o dito demandado, Eduardo Saúl Ruiz Hurtado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza