Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 4 de xullo de 2016 Páx. 28333

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4524/2011).

Procedemento: PO procedemento ordinario 4524/2011-E

Sobre urbanismo

De: Eva Pardo González, José Benito González Trigas, Alberto Otero Carneiro, José Alonso Vázquez

Avogado: Miguel García Iglesias

Procurador: José María Moreda Allegue

Contra: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Cipriano José Caamaño Castro e Concello de Boborás

Avogado: letrado comunidad, Carlos Abal Lourido, Juan María Sanz Bravo

Procuradora: Carolina Moreno Vázquez

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4524/2011 acordouse librar o presente, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia, a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo con data do 16.3.2016, así como a parte dispositiva do auto con data do 6.4.2016.

Sentenza.

«Fallamos:

1º. Estimamos parcialmente o recurso de casación, interposto contra a sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 22 de maio de 2014, estimatoria do recurso interposto contra a Orde do 16 de setembro de 2011, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Boborás (Ourense), sentenza que casamos e anulamos, en canto incorre en incongruencia nos particulares reflectidos no corpo desta sentenza.

2º. Estimamos o recurso contencioso-administrativo contra a Orde do 16 de setembro de 2011, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Boborás (Ourense), que anulamos por contrario ao ordenamento xurídico.

3º. Non facemos imposición das custas causadas nin na instancia nin en casación.

Así, por esta nosa sentenza, que se deberá inserir na colección lexislativa do Consello Xeral do Poder Xudicial, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Auto.

A sala acorda:

«Ten lugar a aclaración da sentenza do 16 de marzo de 2016 que, no punto segundo da decisión, debe dicir: estimamos o recurso contencioso-administrativo contra a Orde do 16 de setembro de 2011 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Boborás (Ourense), que anulamos no atinente á delimitación do ámbito do núcleo rural da Almuzara establecida pola referida orde, por contrario ao ordenamento xurídico. Sen custas. Así o acordamos, mandamos e asinamos».

A Coruña, 8 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
A letrada da Administración de xustiza