Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27739

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (272/2015).

Eu, Matías Recio Juárez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Hierros Pedregal, S.L. contra Construcciones Félix Silva, S.L. e Félix Silva Puente, ditouse sentenza, con data do 24 de febreiro de 2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Encabezamento:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

Sentenza: 15/2016

XVB. Xuízo verbal 272/2015

Procedemento orixe: sobre reclamación de cantidade

Demandante: Hierros Pedregal, S.L.

Procuradora: Cayetana Marín Couceiro

Avogado: José Basanta Collazo

Sentenza

A Estrada, 24 de febreiro de 2016

Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos do xuízo verbal 272/2015, iniciados por instancia de Hierros Pedregal, S.L., representada por Cayetana Marín Couceiro e asistida do letrado José Basanta Collazo, contra Construcciones Félix Silva, S.L. e Félix Silva Puente, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Estímase integramente a demanda interposta por Hierros Pedregal, S.L., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Marín Couceiro contra Construcciones Félix Silva y Félix Silva Puente, en situación procesual de rebeldía.

Condénanse os demandados ao pagamento da cantidade de catro mil cento trinta e un euros con trinta e dous céntimos (4.131,32 euros), así como os xuros legais desde a interposición da demanda.

Impóñenselle as custas procesuais á demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fáiselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial.

Así o acordo, mando e asino».

Ao se encontraren os ditos demandados, R.L. Construcciones Félix Silva, S.L. e Félix Silva Puente, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Estrada, 16 de marzo de 2016

O secretario xudicial