Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27737

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016 pola que se nomea profesorado contratado doutor (CD1102).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante resolución desta universidade, do 27 de outubro de 2011 (DOG do 10 de novembro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro) modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 16 de xuño de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

CD1102-H10-567-CD-01

Nº de prazas:

1

Corpo:

profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-567 Lingua Española

Departamento:

H10 Lingua Española

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

DNI

72090311-P

Nome e apelidos

Miguel Cuevas Alonso

Código:

CD1102-H10-567-CD-02

Nº de prazas:

1

Corpo:

profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento:

A-567 Lingua Española

Departamento:

H10 Lingua Española

Centro de traballo:

301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo

DNI

36073942-Y

Nome e apelidos

Mª Regina Rodríguez Vega