Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 30 de xuño de 2016 Páx. 27736

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2016 pola que, en execución de Sentenza de 30 de setembro de 2013, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, se procede a dar cumprimento á resolución da sentenza de conformidade coas resolucións do 27 de maio de 2014 e do 26 de novembro de 2015.

Mediante Sentenza do 30 de setembro de 2013, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, ordenábase retrotraer o procedemento selectivo na referencia CD1102-H10-567-CD-02 e anular o nomeamento proposto. A dita sentenza resultou confirmada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mediante Sentenza do 26 de marzo de 2014.

Declarado firme o dito pronunciamento, ditáronse resolucións reitorais do 27 de maio de 2014 e do 26 de novembro de 2015 de execución de sentenza, polo que esta reitoría dispón:

Primeiro. Anular o nomeamento como profesora contratada doutora de Mª Regina Rodríguez Vega, publicado no Diario Oficial de Galicia do 31 de maio de 2012.

Segundo. A dita anulación débese retrotraer ao momento da formalización do contrato como profesora contratada doutora o 11 de xuño de 2012, e a partir da dita data debe permanecer na situación laboral que tiña no momento anterior á sinatura do contrato.

Terceiro. De conformidade coa Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 19 de novembro de 2008, respecto do alcance executorio da anulación de proceso selectivo, os efectos da presente anulación de nomeamento non se estenderán a actos en que a dita profesora puidese ter intervido durante o tempo transcorrido desde a formalización do contrato como profesora contratada doutora e a publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, en canto afectan terceiras persoas.

Vigo, 16 de xuño de 2016

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo