Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27491

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 276/2015).

Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña.

Peza: 276/2015.

Proc. orixe: xuízo ordinario número 1265/2012.

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 9 da Coruña.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do Rei, a seguinte:

Sentenza número 148/2016.

Maxistrados:

Julio Tasende Calvo.

Carlos Fuentes Candelas.

Ana Díaz Martínez.

A Coruña, 13 de maio de 2016.

No recurso de apelación civil número 276/2015, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña, en xuízo ordinario número 1265/2012, sobre reclamación de cantidade e obrigación de facer, seguido entre partes, como apelante/demandante Santiago Méndez Pérez, representado polo procurador Sr. Puga Gómez; como apelado/demandado, Juan José Peñalver Lamarca (rebelde). Foi relator Carlos Fuentes Candelas.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolvo:

Que, con estimación do recurso de apelación do demandante, Santiago Méndez Pérez, revogamos en parte a sentenza apelada, no sentido de estimar substancialmente a súa demanda e condenar o demandado, Juan José Peñalver Lamarca, a pagar ao demandante a suma de 233.926,63 euros, así como a entregar ao demandante os dous estoxos de violíns e a lle restituír o violín Fiorini do demandante, referencia fotográfica 35AB, a que se refire a demanda ou, na súa falta, a aboarlle o seu valor de mercado de 40.000 euros, máis os xuros legais dos artigos 1108 do Código civil e 576 da Lei de axuizamento civil. Todo isto con imposición das custas da primeira instancia ao demandado e sen facer mención das da apelación.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de casación por interese casacional e, de ser o caso, conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual, para ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, que se deberá interpor ante esta Sección Quinta mediante escrito de avogado e procurador, no prazo de 20 días, cos demais requisitos de admisibilidade previstos na lei e na súa xurisprudencia.

Así, por esta nosa sentenza de apelación, da cal se levará á peza un testemuño e se unirá o orixinal ao libro de sentenzas, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, no lugar e na data arriba indicados.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de notificar á parte declarada en rebeldía Juan José Peñalver Lamarca, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza