Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 29 de xuño de 2016 Páx. 27489

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1514/2015-IP).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1514/2015 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Robema, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Las Cuartas, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 2 de xuño de 2016

Únese o anterior escrito, subscrito polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada Sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Ourense que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Barreda López e Hijos, S.L., Pizarras Robema, S.L., Pizarras Las Cuartas, S.L., Juan Carlos Prieto Martínez, Pizarras S.L., Manuel Fernández Ares, Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Sn Cosme, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza