Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27256

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4185/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4185/2015

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 47/2015 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Bianca Georgina Ailincai

Avogada: María Belén Pérez Rodríguez

Recorridos: Fogasa, Ro Christian Cafetería Churry, Cervecería La Galia, S.L., La Cervecería de Vigo, S.L., El Montadito del Centro

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4185/2015 desta sección, seguido por instancia de Bianca Georgina Ailincai contra o Fogasa, Ro Christian Cafetería Churry, Cervecería La Galia, S.L., La Cervecería de Vigo, S.L., El Montadito del Centro, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Belén Pérez Rodríguez, actuando en nome e representación de Bianca Georgiana Ailincai contra a sentenza de data vinte e seis de novembro de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos 47/2015, seguidos por instancia da recorrente contra as empresas Rocristian, S.L., Cervecería La Galia, S.L. e Cervecería de Vigo, S.L., e sendo parte o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Ro Christian, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza