Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xuño de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 134/2016 no expediente de reposición da legalidade LUG/70/2013, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario núm. 134/2016 interposto por José Vilariño Fernández e Dorinda Vázquez Rego, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 12.2.2016, no recurso potestativo de reposición, expediente LUG/70/2013, interposto contra outra do 25.8.2014, pola que declara ilegalizables as obras de construción levadas a cabo nas parcelas rexistrais núm. 17184 e 17183, sitas no lugar de Carballa, Benquerencia, Concello de Barreiros, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) se empraza a Manuel Luis López Pardo e Mª Josefa Real Real para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística