Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se somete a información pública un proxecto para a ampliación dunha instalación de acuicultura no concello de Cervo.

Para os efectos previstos no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a ampliación do establecemento que se describe:

Solicitante: Acuidoro, S.L.

Tipo: granxa mariña.

Proxecto: ampliación das instalacións de acuicultura en Cervo.

Situación: parcela 154, parque empresarial de Cuíña, Cervo (Lugo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica