Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0479/2016-COP e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0479/2016-COP e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñeceren o seu estado de tramitación e a accederen e obteren copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 13 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0479/2016-COP.

Persoa interesada: Ventas Mar de Bermeo, S.L.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Ribeira Sacra, 11, 3º B, Mesoiro, 15190 A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0484/2016-PPM.

Persoa interesada: Dora María Duarte Millán.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Blanco Amor, 7, 15960 Ribeira (A Coruña).

Expediente: PSC-CO-0494/2016-PPM.

Persoa interesada: Ramón Borja Borja.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 10, 1º D, 15011 A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0499/2016-PPM.

Persoa interesada: Borja José López Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Peruleiro, 41, 2º B, 15011 A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0513/2016-PPM.

Persoa interesada: Alejandro José Costids Mendes.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, Edificio Castillo, 1º B, 15250 Muros (A Coruña).