Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0021/2016-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0021/2016-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 13 de xuño de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0021/2016-PPM.

Persoa interesada: Antonio Seijas Resúa.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Rianxiño, 29, 15920 Rianxo (A Coruña).

Expediente: PSC-CP-0023/2016-ACU.

Persoa interesada: Juan Manuel Alonso Outeiral.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Santa María do Castro, 40, Monte Pequeno, 15930 Boiro (A Coruña).