Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xuño de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/285/2015, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus interesados ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/285/2015 a Manuel Mosquera Barreiro e Concepción Feijoo Rodríguez, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar na avenida Pablo Iglesias, As Rexas, Priegue, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos interesados, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística