Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 28 de xuño de 2016 Páx. 27308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/24-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Domicilio social: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de instalación eléctrica de media tensión para a rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

Situación: rúa Concepción Arenal, 1, 15006 A Coruña.

Características técnicas:

Centro de seccionamento sito no interior dun edificio destinado a outros usos compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interrutores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de liña, proteción e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 1.600 kVA, refrixeración natural (encapsulado en resina epoxy) e relación 15 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 23 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña