Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT e CT Cumial.
Situación: Ourense.
Características técnicas:
LMT aerosubterránea a 20 kV de 101 m en aéreo con condutor LA 56/54,6 mm2 e 315 m en subterráneo con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al, con orixe na LMT SCV804, parte aérea, con PAS e remate na parte soterrada, na cela de línea do CT prefabricado proxectado Cumial de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
LMT subterránea a 20 kV de 223 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al con orixe no CT proxectado Cumial e remate CS proxectado Maniber.
LMT subterránea a 20 kV de 43 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al con orixe no CS proxectado e remate no CT Forxados Seixalvo.
LMT subterránea a 20 kV de 30 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 Al e con orixe no CS proxectado e remate no CT Maniber (32P31).
Orzamento: 170.866,48 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo conoutras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Ourense, 2 de xuño de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense