Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26563

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (346/2011).

Raquel Romero Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 346/2011 seguido por instancia de Ana María Fernández Pomares fronte a Pablo Conde Osorio, María Teresa Conde Mariño, Pilar Feijóo Abal, José Conde Mariño, Teresa Conde Osorio, Rosa Núñez Grande se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Vistos por min, Elena Isabel Moreira Lantes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos neste xulgado co número 363/2011, en que figura como demandante o/a procurador/a José Luis Gómez Feijóo, en nome e representación de Ana María Fernández Pomares, contra Pablo Conde Osorio, Pilar Feijóo Abal, María Teresa Conde Mariño, José Conde Mariño, representados pola procuradora Elena Montáns Arguello, e contra Teresa Conde Osorio e Rosa Núñez Grande, en situación de rebeldía procesual, en virtude das facultades que me confire a Constitución española e en nome da súa maxestade o rei, dito a seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Que, desestimando integramente a demanda interposta polo procurador José Luis Gómez Feijóo en nome e representación de Ana María Fernández Pomares, debo absolver e absolvo todos os demandados de todos os pedimentos da demanda, con imposición das custas na forma indicada no fundamento xurídico cuarto.

Que, estimando parcialmente a demanda reconvencional interposta pola procuradora Elena Montáns Arguello en nome e representación de Pablo Conde Osorio, debo declarar e declaro o dominio de Pablo Conde Osorio sobre a porción de terreo triangular delimitada en azul no plano nº 3 (en realidade, plano nº 2) do informe pericial elaborado por Ramón Martínez Mouriño e que aparece catastrada e inscrita no Rexistro da propiedade a nome da Sra. Fernández Pomares, así como da porción de terreo delimitada da mesma forma no dito informe e plano, e que figura dentro da parcela nº 1044 das do catastro, con imposición das custas na forma indicada no fundamento xurídico cuarto.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación e que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo.

A xuíza».

E, encontrándose os ditos demandados, Teresa Conde Osorio e Rosa Núñez Grande, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 9 de abril de 2015

A secretaria xudicial