Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26561

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO de notificación de sentenza (90/2015).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento verbal 90/15 seguido por instancia de Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Vera Lucía Pereira de Sousa Carvalho foi ditada sentenza cuxo extracto é o seguinte:

«Sentenza.

En Tui o 24 de setembro de 2015.

Ana Isabel Cabido Quintas, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui e o seu partido xudicial, viu os autos do xuízo verbal, rexistrados co número 90/2015, promovidos por Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada pola procuradora dos tribunais María Dolores Cobas González e defendida polo letrado Luis Sanjiao García contra Vera Lucía Pereira de Sousa Carvalho, sobre responsabilidade por incumprimento contractual.

Estimo integramente a demanda formulada pola procuradora dos tribunais María Dolores Cobas González, actuando en nome e representación de Volkswagen Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Vera Lucía Pereira de Sousa Carvalho e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 5.293,14 euros, máis os xuros correspondentes desde a data de interposición da demanda, xerándose desde a data da sentenza ata o completo pagamento os xuros moratorios procesuais do artigo 576 da LAC.

Condénase a demandada ao pagamento das custas procesuais.

Esta resolución será notificada ás partes, facéndolles saber que non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde a notificación da presente sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia».

E encontrándose a devandita demandada, Vera Lucía Pereira de Sousa Carvalho, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 19 de novembro de 2015

O secretario xudicial