Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 23 de xuño de 2016 Páx. 26587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/014).

Expediente: IN407A 2015/014.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT Sarela de Arriba.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos.

1. O 15.1.2015 a promotora solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Retensamento dos vanos existentes na LMT aérea a CT Sarela de Arriba, a 20 kV cunha lonxitude de 0,171 km, con orixe no apoio nº 1 da LMTA a CT A Peregrina (expediente 7.269), condutor tipo LA-30 mm2, e final no CT A Peregrina (expediente 7.269).

– LMT subterránea a CT Sarela de Arriba, a 20 kV, cunha lonxitude de 970 m, con orixe no apoio existente anterior ao CT da LMTA a CT A Peregrina (expediente 7.269), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×150) Al, e final no CT proxectado.

– CT prefabricado Sarela de Arriba, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 25.9.2015.

– DOG: 23.10.2015.

– BOP: 13.10.2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 3.5.2016.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo dilixencia municipal do 20.10.2015.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

4. Durante o período no que se someteu o trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións.

– Carmen Rozas Gaudeano, mediante escrito do 5 de novembro de 2016, solicita a colocación do CT noutra parcela ou nun lugar diferente nunha parcela anexa:

O predio obxecto da ocupación é propiedade nun 50 % por ela e noutro 50 % pola comunidade hereditaria formada polos seus fillos, Fernando, José Luis e Marcos Castro Rozas.

Que o predio no que se vai situar o CT, así como o lindante resultan gravemente prexudicados pola súa colocación.

Que existe un lugar no predio lindande, tamén da súa propiedade, no que a afección sería menor.

Destas alegacións déuselle traslado á promotora que contestou:

– Escrito con data do 15 de decembro de 2015, no que se valoran as alegacións presentadas por Carmen Rozas Gaudeano, na que en síntese manifesta o seguinte:

Engádense os fillos de Carmen Rozas Gaudeano como propietarios da parcela que se vai expropiar.

Non comparte a gravidade da afección á parcela, ben que será o Xurado de Expropiación de Galicia o encargado de valorar o prexuízo que se produce como consecuencia desta expropiación.

Ao respecto da modificación da localización do centro de transformación e polo tanto do trazado da liña eléctrica, non pode ser aceptada por:

– Non acreditar que se cumpran conxuntamente as condicións que establece o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, para poder atender a modificación de trazado da liña.

– Non existen limitacións ou prohibicións á constitución de servidume de paso desta instalación.

– As instalacións foron proxectadas segundo o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09. No punto 1.5.1 da ITC-LAT07 literalmente di: «as liñas eléctricas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nesta instrución se establecen».

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos.

– Concello de Santiago de Compostela: non consta informe, polo que se entende a conformidade coa instalación.

– Augas de Galicia: non consta informe polo que se entende a conformidade coa instalación.

– Deputación da Coruña: non consta informe polo que se entende a conformidade coa instalación.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232 do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización da instalación, non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. cómpre sinalar:

– Unión Fenosa Distribución, S.A. engade os fillos de Carmen Rozas Gaudeano como propietarios da parcela que se vai expropiar.

– A afección real que sufrirá a propiedade da alegante determinarase na acta previa á ocupación, acto para o cal serán os afectados oportunamente convocados segundo establece o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

– Segundo o punto 1.5.1 da ITC-LAT07 as liñas eléctricas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nesta instrución se establecen.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de outras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de maio de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña