De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e polo instrutor.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 2 de xuño de 2016
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-RES-2016-0044.
Interesado: Iago Castro Martínez.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: CO-RES-2014-0063.
Interesado: Nelu Salin.
Acto notificado: 2ª multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0189.
Interesado: Sorin Roua.
Acto notificado: 1ª multa coercitiva.
Expediente: CO-RES-2014-0195.
Interesado: Motos Adán (Manuel Pérez Adán).
Acto notificado: 2ª multa coercitiva.