Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (388/2015).

PO. Procedemento ordinario 388/2015

Procedemento orixe sobre ordinario

Demandante: Ana María Santaya Varela

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal

Demandados: Prendourado, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 388/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Santaya Varela contra Prendourado, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María Santaya Varela contra a entidade Prendourado, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Prendourado, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.576,34 euros brutos, por salarios devindicados en febreiro de 2014, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 103,10 euros, por indemnización por fin de contrato, e con imposición do aboamento dos honorarios do graduado social que a asistiu ata o límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña Pilar Carreira Vidal.

Para que sirva de notificación en legal forma á empresa Prendourado, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza