Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1258/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 1258/2013 por instancia de Eduardo Radeke Fariña contra Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou Sentenza do 26 de maio de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Eduardo Radeke Fariña contra a empresa Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Condénase a empresa Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L. a aboarlle a Eduardo Radeke Fariña a cantidade de quince mil catrocentos cincuenta e un euros con cincuenta e dous céntimos de euro (15.451,52 euros) incrementados, os conceptos salariais, nun 10 % de xuro moratorio.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gestión Inmobiliaria Gallega, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

A secretaria xudicial