Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26323

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (477/2015).

Procedemento ordinario 477/2015

Procedemento de orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Jose Mallón Rodríguez

Procurador: José Paz Montero

Avogada: Patricia Soto Mirones

Demandado: Manuel Mallón Torres

Edicto.

Notificación de sentenza.

No procedemento de referencia ditouse a resolución –sentenza do 4.5.2016– cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«… Sentenza: 73/2016.

Maxistrado-xuíz: Jorge Martínez Vázquez.

Demandante: José Mallón Rodríguez.

Procurador: Sr. Paz Montero.

Avogada: Sra. Soto Mirones.

Demandado: Manuel Mallón Torres ou os seus ignorados herdeiros (en rebeldía procesual).

Xuízo ordinario 477/2015 sobre declarativa de dominio…».

...Decido:

Estimar totalmente a demanda interposta por José Mallón Rodríguez (en beneficio da comunidade hereditaria de Andrés Mallón Castro), representado polo Sr. Paz Montero, contra Manuel Mallón Torres ou os seus ignorados herdeiros (en rebeldía procesual), e declaro que a comunidade hereditaria de Andrés Mallón Castro é propietaria, por usucapión, dos seguintes predios:

– Predio nº 416 de concentración parcelaria da zona de Santa María de Lamas e Santa Eulalia de Vigo.

– Predio nº 461 de concentración parcelaria da zona de Santa María de Lamas e Santa Eulalia de Vigo.

– Parcela nº 135 do polígono 1 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, denominada Chao das Patacas.

– Parcela nº 27 do polígono 3 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, Capela de Adentro.

– Parcela nº 701 do polígono 3 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, denominada A Taberna.

– Parcela nº 649 do polígono 3 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, denominada Amenedo.

– Parcela nº 488 do polígono 3 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, denominada Penedo.

– Parcela nº 629 do polígono 4 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, denominada Zanca de Midón.

– Parcela nº 326 do polígono 4 do plano catastral correspondente ao municipio de Boqueixón, denominada Xesteiro de Midón.

Todo isto con imposición de custas á parte de demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpoñer perante este mesmo xulgado para a Audiencia Provincial dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa de depósito de 50 euros, que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións do xulgado; deberase xustificar a consignación no momento de presentar o escrito de recurso. Se o recurso se estima total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado-xuíz deste xulgado...».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Mallón Torres, expídese este edicto para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

O letrado da Administración de xustiza