Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 22 de xuño de 2016 Páx. 26321

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (869/2015).

José Luis Pérez García, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. fronte a Iván Romero Blanco ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 59/2016

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: Recreativos Mafari, S.A.

Procurador: Sr. Paz Montero

Avogado: Sr. Cuiñas Rodríguez

Demandado: Iván Romero Blanco (en rebeldía procesual)

Xuízo verbal 869/2015 sobre reclamación de cantidade

En Santiago de Compostela o 7 de abril de 2016

Decido.

Estimar totalmente a demanda interposta por Recreativos Mafari, S.A., representada polo Sr. Paz Montero, contra Iván Romero Blanco, en rebeldía procesual, e condeno o demandado a aboar a demandante actora 2.500 euros, con máis os intereses legais desde a data de interposición da demanda (o 16 de decembro de 2015).

Iso con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese en legal forma.

Esta sentenza é firme; contra esta non cabe recurso.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mando e asino. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado.

E encontrándose o devandito demandado, Iván Romero Blanco, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza