Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para ampliación da minirresidencia.

1. O Pleno do Concello de Boimorto, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de abril de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

(...)

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións para ampliación da minirresidencia do concello de Boimorto (A Coruña), aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía 477/2014, do 24 de novembro, e provisionalmente por Decreto da Alcaldía 604/2015, do 2 de decembro de 2015.

Segundo. O Plan especial, en virtude do artigo 92 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, terá vixencia indefinida, sen prexuízo da súa modificación ou revisión.

Terceiro. Este acordo de aprobación definitiva será publicado, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas será publicado no Boletín Oficial da provincia. No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á consellería, tal e como se establece no punto cuarto deste acordo.

Cuarto. Como a competencia para a aprobación definitiva do Plan especial lle corresponde ao Concello, a aprobación definitiva será comunicada á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, ao tempo que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado defnitivamente con todos os planos e documentos que integran o Plan especial, debidamente dilixenciados pola Secretaría do Concello, facendo constar a dita circunstancia.

Quinto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e ao que dispoñía para o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante. Neste sentido, o artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sinala que o articulado das normas dos plans urbanísticos, así como os acordos correspondentes aos ditos plans urbanísticos cuxa aprobación definitiva sexa competencia dos entes locais, serán publicados no BOP e non entrarán en vigor ata que non se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da propia lei (quince días hábiles).

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicáronse no BOP núm. 91, do 13 de maio de 2016, o texto normativo e os planos de ordenación.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o 18 de maio de 2016.

Boimorto, 30 de maio de 2016

María Jesús Novo Gómez
Alcaldesa