Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de infraestruturas para instalación de tanatorio crematorio.

Anuncio da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de infraestruturas para instalación dun tanatorio-crematorio, nos terreos adxacentes ao cemiterio municipal dos Remedios, instados por Funeraria Mariano, S.L.

O Pleno do Concello de Betanzos, en sesión do 26 de abril de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de infraestrutura para instalación de servizo de tanarorio instada por Tanatorios Mariano, S.L., de acordo co documento do arquitecto José M. Lorenzo Sánchez e os distintos informes que constan no expediente tramitado.

Segundo. Comunicar o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Urbanismo xunto con dous exemplares da modificación puntual debidamente dilixenciados pola secretaría.

Terceiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia o correspondente anuncio da aprobación definitiva da modificación puntual facendo constar a súa remisión á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Urbanismo e os recursos que caben contra o citado acto de aprobación definitiva.

Cuarto. Comunicar o presente acordo aos servizos municipais afectados para o seu coñecemento e efectos oportunos».

Faise constar no presente anuncio que no 5 de maio de 2016 remitiuse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas copia autentificada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente diligenciados.

O Plan especial ten natureza de disposición de carácter xeral, polo que contra este acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións legais que se consideren convenientes.

Betanzos, 5 de maio de 2016

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente