Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de apoio psicopedagóxico aos estudantes (expediente 310/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 310/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de apoio psicopedagóxico aos estudantes da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes.

• Lote 1: Campus de Vigo e Pontevedra.

• Lote 2: Campus de Ourense.

d) Lugar de execución/entrega:

• Lote 1: Campus das Lagoas-Marcosende (Edificio Miralles); Campus de Pontevedra (será concretado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra).

• Lote 2: Campus de Ourense (Edificio de Facultades).

e) Prazo de execución: dous anos a partir do día 17 de outubro de 2016, ou o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior. Non obstante, o contrato poderá ser prorrogado por dous anos máis por períodos anuais antes de que remate o período de vixencia inicial.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 85000000-9: servizos de saúde e asistencia social.

h) CPA: Q-Servizos de atención sanitaria e traballo social: 86.90 (outros servizos sanitarios).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 17 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Calidade da oferta técnica (criterio sometido a un xuízo de valor): 45 puntos.

• Calidade dos cursos, obradoiros e actividades formativas ofertados a maiores dos mínimos establecidos no prego de prescricións técnicas (criterio sometido a un xuízo de valor): 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 137.016,92 euros.

5. Importe de licitación:

• Lote 1: 15,91 euros hora sen IVE. Gasto máximo autorizado sen IVE: 24.055,92 euros.

• Lote 2: 15,91 euros hora sen IVE. Gasto máximo autorizado sen IVE: 44.452,54 euros.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 14 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.250 euros.

Vigo, 13 de xuño de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13.5.2014)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo