Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24833

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4210/2015 MDM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4210/2015 desta sección, seguido por instancia de Elvira Míguez Quelle contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fraternidad Muprespa e a empresa Ashley Alonso Abaunza, sobre accidente, se ditou sentenza con data do 12 de maio de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Sra. Álvarez Bande, actuando en nome e representación de Elvira Míguez Quelle contra a sentenza de data do 23 de xuño de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos número 312/2015, seguidos por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fraternidad Muprespa e a empresa Ashley Alonso Abaunza, declaramos que a continxencia correspondente á incapacidade temporal iniciada pola demandante o día 29 de decembro de 2014 é a de accidente de traballo e condenamos as referidas codemandadas a aterse ao anterior pronunciamento e a mutua Fraternidad Muprespa ao aboamento da correspondente prestación sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS.

Mantense a libre absolución da empresa Ashley Alonso Abaunza.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Ashley Alonso Abaunza, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza