Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24831

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (35/2008).

Eu, José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto, anuncio:

No procedemento ordinario 35/2008, seguido por instancia de María Eva Gutiérrez Fernández, ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Auto: Benigno López González, Pte. Julio César Díaz Casales, José Ramón Chaves García.

A Coruña, 16 de maio de 2016.

Feitos.

Único. Nestas actuacións de recurso contencioso-administrativo seguidas en virtude de inhibición a favor deste tribunal do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense (P.A. 270/2007) por incompetencia obxectiva e interposto por María Eva Gutiérrez Fernández, con data do 4 de xullo de 2008 ditouse Auto polo que se decreta o arquivamento das actuacións como consecuencia de non ter comparecido en forma (con avogado e procurador) ante este tribunal a indicada recorrente.

Razoamentos xurídicos.

Único. Visto o estado que manteñen as presentes actuacións e ao non se ter recibido ningún escrito da parte recorrente malia o tempo transcorrido, procede arquivar o presente recurso cos da súa clase e devolver o expediente administrativo ao órgano de procedencia. Polo exposto,

A Sala acorda:

Arquivar o presente procedemento logo das anotacións oportunas no soporte informático.

Devolver o expediente administrativo á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así o acordaron os señores na marxe e rubrica o presidente. Dou fe».

Como consecuencia do domicilio descoñecido de María Eva Gutiérrez Fernández, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 30 de maio de 2016

José Andrés Salgado Fernández
Letrado da Administración de xustiza