Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 17 de xuño de 2016 Páx. 24827

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2016 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos, convocado por Resolución do 7 de abril de 2016.

Convocada por Resolución da Xerencia do 7 de abril de 2016, a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario, e unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, vistas as solicitudes presentadas e previo dos informes correspondentes segundo o previsto no artigo 54 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo,

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución do 22 de setembro de 2015,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos, anunciada por Resolución do 7 de abril de 2016 (DOG núm. 76, do 21 de abril).

Segundo. Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ao persoal funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

Terceiro. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigadas as persoas interesadas, neste caso, a comunicarllo ao reitorado da USC no prazo de tres días.

Cuarto. O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que, a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión, o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016

José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: secretaría particular do reitor.

Número da praza: PF000148.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 22.

Complemento específico: 9.806,16 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Paz Torres, Ana María.

DNI: 33272172G.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número da praza: PF000273.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Domínguez González, Virginia.

DNI: 33296836N.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número da praza: PF000862.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Freiría Castelao, Ramón.

DNI: 33301350H.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número da praza: PF000272.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: tarde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Lamela Cambeiro, Noelia.

DNI: 78790579P.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación.

Número da praza: PF000894.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Sieiro Negro, Elena.

DNI: 76813699R.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Xerencia.

Número da praza: PF000896.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: tarde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: González Porrúa, José Luis.

DNI: 35474357P.