Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 6 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2008/0043-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada mediante fax, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, a copia da sentenza firme ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Vigo, recaída no procedemento número 404/2014, polo accidente laboral do traballador Francisco Manuel Sousa García.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (19.12.2007).

• Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2008/0043-4.

Acta: 1478/2007.

Empresa: Arcolimp, S.L.

NIF: B-36761443.

Enderezo: Beade, Castañal, 26, Vigo.

Vigo, 6 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra