Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Vigo, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmanse os interesados que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/95-4) se atopa á súa disposición durante un prazo de 20 días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas ), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 27 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Camiño Outeiro-Sárdoma

4443201NG2744S0000IS, polígono 4432, parcela 01

Vigo