Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da proposta de resolución do expediente IN635C 2015/61-4 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás entidades que se relacionan no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, por non ser posible por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os/as interesados/as ou os seus representantes dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avda. Fernández Ladreda, 43-5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 1 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2015/61-4.

Interesada: Manfrilec Vigo, S.L.

CIF: B-27711399.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente de reclamación: IN635C 2015/69-4.

Interesado: Óscar Alonso Rodríguez-Oscar Import.

NIF/CIF: 76905347-V.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente de reclamación: IN635C 2016/20-4.

Interesado: Jorge Abalo Iglesias.

CIF: 53177827X.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.