Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 1 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo do inicio de procedemento de reintegro das axudas ao Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, reguladas na Orde do 6 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto), relativa ao expediente TR349C 2012/105-2.

Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se inicia o procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 1 de xuño de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349C 2012/105-2.

Nome: O porquiño polo que vale, C.B.

DNI/NIF: E27434950.

Último enderezo coñecido: Rúa Nova, 22, baixo, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período de tres anos contados desde a data de realización da transformación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1, do anexo III da Orde do 6 de agosto de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 19 de maio de 2016 pola xefa territorial da Consellería Economía, Emprego e Industria de Lugo.