Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24083

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (915/2012).

Liquidación sociedades gananciais (LSG) 915/2012

Procedemento de orixe: sobre liquidación sociedade de gananciais

Demandante: María Ilda Barbosa Godinho

Procuradora: Ana Belén Rodríguez Seijas

Avogada: Ana Montenegro López

Demandado: Ángel Seoane Rodríguez

María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio do presente notifícaselle a Ángel Seoane Rodríguez o decreto ditado en data 19 de setembro de 2014, o cal se reproduce a continuación:

Decreto: 420/2014.

Secretaria xudicial: Rogelia Blanco González

Ferrol, dezanove de setembro de dous mil catorce

Antecedentes de feito.

Único. Con data 13.5.2014 ditouse dilixencia de ordenación en que se ten por non comparecido o demandado Ángel Seoane Rodríguez, malia estar citado en legal forma, ténselle por conforme coa solicitude da liquidación da sociedade de gananciais, e quedan posteriormente as actuacións para dar o trámite oportuno para tales efectos.

Fundamentos de dereito.

Único. Conforme o artigo 810.4 da LAC, «Cando, sen mediar causa xustificada, algún dos cónxuxes non compareza no día sinalado, teráselle por conforme coa proposta de liquidación que efectúe o cónxuxe que comparecese. Neste caso, así como cando, despois de comparecer ambos os dous cónxuxes, cheguen a un acordo, consignarase este na acta, darase por concluído o acto e levarase para efecto o acordado conforme o previsto nos dous primeiros puntos do artigo 788 desta lei».

Con base niso é procedente aprobar a proposta da liquidación da sociedade de gananciais presentada pola procuradora Ana Belén Rodríguez Seijas, en representación de María Ilda Barbosa Godinho, en data 19.11.2012, sobre a base dos bens que forman o inventario aprobado por auto ditado en data 18.1.2012 no procedemento de liquidación da sociedade de gananciais, tramitado neste xulgado co número 640/2010 respecto da disolta sociedade de gananciais entre María Ilda Barbosa e Ángel Seoane Rodríguez, resolución firme por ministerio da lei.

Neste sentido a proposta de liquidación concrétase en:

1. Lote a favor de María Ilda Barbosa Godinho.

Activo.

A) Vivenda e terreo sitos en Valdoviño, camiño da Frouxeira (Carballal), polo que respecta á descrición do terreo como rústico. Terreo a monte, no sitio de Carballal, parroquia e municipio de Valdoviño, superficie de once áreas e que linda: norte, camiño veciñal do Carballal; sur, muro de peche doutro terreo; leste, valado propio, e oeste, pista; e da vivenda unifamiliar composta de planta baixa sobre planta de semisoto. A planta de semisoto dispón de garaxe para unha praza de aparcadoiro, cunha superficie construída total de cento corenta e nove metros e corenta e oito decímetros cadrados, dos cales corresponden ao garaxe corenta e cinco metros e dez decímetros cadrados. A planta baixa componse dunha terraza, dous dormitorios cun baño común incorporado, un despacho, un aseo, unha cociña-estar-comedor, un vestíbulo e un distribuidor central, desde o cal se accede ao semisoto a través das escaleiras, cunha superficie construída total de cento corenta e seis metros e oitenta e sete decímetros cadrados, e dos cales cento doce metros e sesenta e oito decímetros cadrados son útiles; á terraza correspóndenlle vinte e catro metros e cincuenta e oito decímetros cadrados. Linda: norte, camiño veciñal de Carballal; sur, muro peche deste terreo; leste, valado propio, e oeste, pista. Valórase o conxunto na cantidade de 120.000 euros. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, libro 164, tomo 1920, folio 25, sección Valdoviño, terreo 17406.

B) Vehículo a motor Citroën Xantia matrícula 7065CF, cun valor de 1.700 euros.

Pasivo.

A) Préstamo hipotecario número 500-206-17-774-0 sobre a vivenda adxudicada á miña representada e do que resta pendente de pagamento 68.314,28 euros.

Valor do lote 53.385,72 euros.

2. Lote a favor de Ángel Seoane Rodríguez.

Activo.

A) Vivenda e terreo sito en Venezuela en Hoyo La Puerta, sector S. Luis-Baruta, por valor de 60.000 euros.

Valor do lote: 60.000 euros.

Diferenza a favor de María Ilda Barbosa Godinho: 6.614,28 euros.

Crédito a favor de María Ilda Barbosa Godinho fronte á sociedade de gananciais: 37.096.53 euros.

A entrega en diñeiro líquida de Anxo Seoane Rodríguez en compensación das diferenzas de adxudicacións e pagamento de débedas ascende á cantidade de 43.710,81 euros.

Parte dispositiva.

Acordo:

Aprobar a proposta da liquidación da sociedade de gananciais presentada pola parte demandante, cuxa determinación e descrición constan no fundamento xurídico previo.

Notifíqueselles esta resolución a ambas as dúas partes e por xustificante internacional ao demandado.

Unha vez que sexa firme esta resolución, entréguese testemuño da presente ás partes que o soliciten para que poidan facer uso deste ante os organismos competentes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpor recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte da súa notificación, mediante escrito no cal deberá citarse a infracción en que a resolución tivese incorrido.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artigo 454.bis da LAC).

Para admitir o recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial

Ferrol, 11 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza