Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 13 de xuño de 2016 Páx. 24081

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (148/2009).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante este edicto anuncio que no procedemento ordinario 148/2009, seguido por instancia de Rosana Cuñarro López, se ditou a resolución do seguinte teor literal:

Auto

Benigno López González, presidente

Julio César Díaz Casales

José Ramón Chaves García

A Coruña, 15 de abril de 2014.

Feitos

Único. Nesta sala séguense actuacións de recurso contencioso-administrativo de procedemento ordinario 148/2009, interposto por Rosana Cuñarro López contra a Resolución do 18 de novembro de 2008, da Consellería de Traballo (A Coruña), sobre subvención por establecemento como traballadora autónoma. A dita recorrente foi requirida para formalizar o recurso con procurador e avogado que a representase e dirixise no procedemento e deixou transcorrer o prazo concedido sen comparecer en forma.

Razoamentos xurídicos

Único. Por non ter conferido a recorrente a súa representación a un procurador e a súa defensa a un letrado, e ser preceptiva a súa actuación no presente procedemento e ante este tribunal, procede acordar o arquivamento das actuacións sen máis trámites.

Parte dispositiva.

A Sala acorda:

Arquivar o presente recurso contencioso-administrativo 148/2009 interposto por Rosana Cuñarro López sen máis trámites e cos da súa clase.

Así o acordan, mandan e asinan os señores anotados á marxe, ante min, o secretario, que dou fe.

E, como consecuencia do domicilio descoñecido de Rosana Cuñarro López, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 9 de maio de 2016

José Andrés Salgado Fernández
Letrado da Administración de xustiza