Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23679

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 8 de xuño de 2016, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, para dar cumprimento ao previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (Boletín Oficial del Estado número 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral.

En cumprimento do previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da comunicación do director xeral da Corporación Radio Televisión de Galicia, do 8 de xuño de 2016, sobre o «Plan de cobertura dos medios de comunicación públicos da Corporación Radio e Televisión de Galicia S.A., Televisión de Galicia e Radio Galega, relativo ás eleccións convocadas para o 26 de xuño de 2016» e que inclúe a previsión de debates e entrevistas que se celebrarán coas forzas políticas, que serán emitidas por ambos os medios, con indicación de data e hora de emisión, entidades políticas convidadas e a súa duración, os programas específicos de natureza electoral e criterios sobre a información específica relativa á campaña electoral.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectadas poderán examinar a devandita programación nas dependencias desta xunta electoral provincial, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do acordo, e formular as reclamacións ou os recursos que coiden pertinentes.

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da referida Instrución 4/2011.

A Coruña, 8 de xuño de 2016

Manuel Ferreiro González
Letrado da Administración de xustiza na Xunta Electoral Provincial