Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23680

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificada pola Orde do 17 de marzo de 2015 (DOG núm. 55, do 23 de marzo) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se tivesen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o/a conselleiro/a de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2016

Miguel Ángel Veiga Campo
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

37383442R

Coto Aller, Maximino

11,79

14,57

10,50

Apto

36,86

79327519J

Romero Martínez, Uxía

10,59

13,90

12,30

Exento

36,79

44446204S

Carrera Ferreiro, Cristina

10,89

14,74

10,50

Exento

36,13

36119304N

Rodríguez Martínez, Patricia

11,04

12,93

11,25

Exento

35,22

52930720S

Caamaño Cortegoso, José Antonio

11,79

10,82

11,05

Exento

33,66

36128179D

Dopacio Soliño, Óscar

11,34

10,06

12,25

Exento

33,65

36148278Y

Mouriño de Lucas, Gema

10,29

10,02

10,85

Exento

31,16

36132912G

Casal Ramos, Diego

10,29

10,16

10,00

Exento

30,45