Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 10 de xuño de 2016 Páx. 23678

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) no primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Importe achegado pola AGI (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Gallega de la Construcción para o intercambio de información en materia de contratación pública e do sector da construción civil

10.320,00

24.2.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Palas de Rei para a mellora dos accesos ao centro de día e ao cuartel da Garda Civil

58.196,26

5.4.2016

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Friol para a mellora do firme de varias rúas do concello

52.970,00

20.4.2016