Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (925/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 925/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Suárez Iglesias contra La Empanadilla Sabrosa, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di así:

«Decisión.

Estímase a demanda interposta por Rocío Suárez Iglesias, representada pola letrada Sra. Romero Salgado e, en consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento efectuado pola demandada La empanadilla Sabrosa, S.L. á parte demandante e condeno a demandada a que, á súa opción, que deberá exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (16.11.2015) ata que a readmisión teña lugar; b) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente (s.e.o.o) a 1.012,44 euros, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ten o carácter de traballador ou habente causa seu, ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non desfruta do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e deberá indicar no campo concreto “recurso”, seguido do código “34 Social suplicacion”, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza en funcións de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación: lida e publicada foi a presente sentenza pola xuíza que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza