Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22742

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (965/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 965/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Carreira Ramos contra Securitas Seguridad España, S.A., o Fondo de Garantía Salarial, administración concursal Forensic Solutions, S.L.P. e Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Sergio José Carreira Ramos contra Esabe Vigilancia, S.A., Forensic Solutions, S.L.P., administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A., Securitas Seguridad España, S.A. e o Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 5.171,83 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta sentenza coa desagregación efectuada neste, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., administradora concursal de Esabe Vigilancia, S.A., a avirse á anterior declaración e condena, na súa soa condición de administradora concursal, con todos os efectos legais.

3. Debo condenar e condeno a Securitas Seguridad España, S.A. a aboarlle ao demandante a suma 3.553,71 euros en concepto de diferenzas nos complementos de transporte e vestiario devindicadas desde o día 2.9.2012 ata o 29.2.2016, ambos os dous meses inclusive, así como as cantidades que polas devanditas diferenzas no aboamento do complemento de transporte e vestiario se sigan devindicando desde o mes de marzo de 2016 en diante, ata que a mercantil demandada recoñeza, regularice e aboe integramente ao traballador os devanditos complementos e non coa redución do 50 % como vén efectuando, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET respecto das devanditas cantidades desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e absólvese a Securitas Seguridad España, S.A. das restantes peticións deducidas na súa contra no escrito de demanda.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza