Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de maio de 2016 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/164/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na súa repartición.

O director da Axencia de Protección daLegalidade Urbanística o día 22 de abril de 2016 ditou resolución pola que se dá traslado ao alcalde do Concello de Carballo das actuacións realizadas en relación coas obras levadas a cabo na rúa Xoán Montes, 18, Mirón, Bértoa, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña, para os efectos de adoptar as medidas de protección da legalidade urbanística que resulten procedentes, conforme o disposto na Ley 2/2016, do solo de Galicia, e se arquiva o expediente por carecer este organismo de competencias para a súa tramitación.

Ao non poder realizarse a notificación persoal desta resolución a José Sampedro Chapela e a Mª del Mar Sampedro Serrano, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día siguiente ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Trancorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e firmo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística