Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de maio de 2016 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.W15.50263 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións do director de Augas de Galicia ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.50263

Angelina Varela Ferreira

Seixán, 16, Cabaleiros, 15687 Tordoia

4.2.2016

Favorable

DH.W15.48306

Arsenio Rodrigues e Irmaos Comercio de Madeiras, Lda.

R/ Michelena, 1-7º, 36002 Pontevedra

12.4.2016

Desfavorable

DH.B36.51080

Malena 97 Promociones, S.L.

R/ Augusto González Besada, 7-7º C

36001 Pontevedra

28.3.2016

Favorable

DH.B15.20757

Manuel Regueiro Vaamonde

R/ Goya, 19-2º esquerda, 15407 Narón

3.3.2016

Favorable