Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 6 de xuño de 2016 Páx. 22473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de maio de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/089/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/089/2015-RP1 a Ártabra Gestora de Medios, S.L. e a Mª Josefa Martínez Pena, en relación coas obras que se levan a cabo no lugar de Fonteseca, Cances Grande, Cances, no termo municipal de Carballo, provincia da Coruña.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística